Project Description
Traballos con Amianto. Xestión, manipulación e tratamento, organizado polo ISSGA da Consellería de Emprego e Igualdade.
Duración: 8 horas presenciais.
Datas: 10 y 11 de novembro.
Horario: 16:00 a 20:00 horas
Lugar: Hotel Hesperia. Avenida da Florida, 60 – Vigo (Pontevedra)
Custo: Gratuito
Os traballos con amianto deben levar a cabo de maneira que non se poña en risco aos traballadores e traballadoras nin a outras persoas e tampouco se xeren riscos para o medio ambiente. As obras de demolición ou de retirada de amianto deben ser executadas por empresas que coñezan todas as precaucións que se deben tomar.
O Real decreto 396/2006, do 31 de marzo, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde aplicables aos traballos con risco de exposición ao amianto, constitúe a norma legal mínima en relación ao amianto no noso país. Neste real decreto ademais de recollerse as medidas de protección e prevención que hai que aplicar nestes traballos, obrígase ás empresas que os executan a estar debidamente autorizadas. Esta norma compleméntase coa Guía Técnica de Exposición ao Amianto elaborada polo Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo.
Esta formación vai dirixida a persoal traballador que poda atopar amianto de maneira inesperada durante o seu traballo (mantemento xeral, electricistas, fontaneiros, carpinteiros, etc.) e traballadores da construción.
Formación certificable pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, tendo unha validez acreditada polo ISSGA para todo aquel que a realice.